Rocio Rey toma posesión como concelleira de Fene

Rocio Rey toma posesión como concelleira de Fene

02 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fene celebra pleno municipal ordinario, ás 6 da tarde,  unha sesión na que tomará posesión do seu cargo a nova edil do PSOE, Rocío Rey Sampayo, en sustitución do dimitido Antón Noceda.

A nova edil faráse cargo da área de contratación e de participación cidadá, con varios proxectos en marcha. O Pleno Ordinario do mes de abril, que se celebrará hoxe ás seis tarde, será o escenario para a toma de posesión na nova concelleira do grupo socialista. Rocío Rey Sampayo, veciña de Limodre, pasará hoxe a formar parte do grupo municipal e da área de goberno, facéndose cargo da contratación e de participación cidadá. A nova edil collerá o relevo de proxectos que supoñen grandes apostas para o goberno municipal, sobre todo no que respecta aos orzamentos participativos, que comenzaron a súa andanza a finais do ano pasado e esperan seguir amliando horizontes de cara aos anos seguintes.

Sociedade