ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Ulex é o nome científico do toxo e é o nome que este grupo de amigos escolleu para o seu proxecto musical. Unha planta enxebre e vigorosa a máis non poder igual que o poderío deste grupo que nace en 2022 e xa conta cun primeiro longa duración.

Aire fresco no noso estudio de gravación porque contaremos coa visita de Ulex, seguramente o grupo máis noviño en idade da música galega actual.
Maniféstanse como a banda sonora perfecta para a vida de calquera adolescente galego, e diso saben porque son novos e valentes, e non teñen reparo en mesturar ese rock alternativo do que fan gala, con pop e cúmbia, quen dixo medo!!!
As súas letras falan de amor, de desamor e de amizade e, aínda que a responsabilidade principal nas letras é de Xián (voz principal e guitarra rítmica), ten o arroupe de Mónica ao baixo, Martinho responsable da batería e voz principal do grupo e Tomás que é o guitarra solista e tamén aporta a súa voz aos coros.
Solucionaron o problema da uniformidade nos directos coa elección dun mono de traballo coa estampación das letras que conforman o se nome, nada máis sinxelo, nin máis efectivo. Sobre o escenario frescura e espontaneidade como compre para a súa idade, e téñeno moi claro, veñen para quedar, definitivamente non é Rock "atolondrado".
Fotografía: XanXe
Publica o teu comentario agora