Rock e humor contra timidez

Rock e humor contra timidez
30 de Maio, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Comedia e música rock nun manga protagonizado por unha rapaza tímida. “Bocchi de rock” é o título do manga que presentou esta semana en Radio Fene Juanma Sánchez, do establecemento Cáprica.

ESCOITA O PODCAST:

“Bocchi the rock”. Esta manga combina elementos de comedia e música rock. Conta a historia dunha rapaza tímida “estudante de secundaria” que grazas a música rock logra superar a barreira da súa timidez, sinalou Juanma que tamén nos presentou “Pagan”, un xogo de mesa, ambientado en 1587, nos tempos da caza de bruxas. Un xogo de cartas no que se necesitan dotes de dedución e estratexia. Cada xogador asume o papel de cazador ou bruxa. A primeira edición, o ano pasado, esgotouse nun mes. Agora acaba de reeditarse. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora