ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A XVI Edición dos Premios Lois Peña Novo, que recoñecen o traballo a prol da normalización lingüística, premia ao filólogo Ramón Lourenzo, ao Concello de Burela e ao Foro de Avogados de Lugo polos seus 21 anos empregando o galego en todos os ámbitos. Para o bufete lucense supón unha satisfacción ser beneficiario desta distinción, un feito que enorgullece ao seu despacho. Un galardón que acada maior relevancia, pois o ei
Alberte Xullo Rodríguez Feixóo, do Foro de Avogados de Lugo, manifestou en Radiofusión que resulta unha contradicción e algo paradóxico que non se empregue o galego como lingua predominante cando se prestan servizos xurídicos aos cidadáns galegos. “As persoas que acuden á administración de xustiza son galegofalantes e o máis lóxico é usar a lingua do país".
Entre os profesionais do dereito, sexan axentes, oficiais, secretarios ou xuíces, existe certo recelo de implantar o galego. Mesmo á administración galega non é capaz de facer as súas intervencións na nosa lingua, algo paradigmático, sinalou Rodríguez Feixóo. “Todos os abogados da Xunta agás alguna honrosa excepción, non utilizan como lingua vehicular a nosa”.
Nun país normalizado non se debería premiar a quen usa a lingua propia. Semella un pouco kafkiano pero en Galicia aínda temos que ondear a defensa do idioma, argumentou o avogado.