Romaría do Camiñante

Romaría do Camiñante
16 de Xuño, 2026 - 06:00 h. | Publicada por Radio Fene

Novidades este verán na Romaría do Camiñante Descoñecido organizada pola Liga de Amigos de Barallobre. A presidenta, Dolores Fernández, e Pepa López, da directiva, informaron en Radio Fene sobre as actividades previstas na programación.

ESCOITA O PODCAST:

O programa da Romaría do Camiñante Descoñecido que se vai celebrar o sábado día 4 de xullo inclúe dúas destacadas novidades. O acto oficial, no que se fai a ofrenda floral e declaración institucional terá lugar pola mañá, no lugar de pola tarde, para evitar incomodidades e calor ás persoas participantes. Será o primeiro dos actos previstos, ás doce e media. A segunda novidade é o emprazamento do xantar. Será no propio lugar do monumento, tamén ao aire libre. Haberá un posto de polbo á feira pero tamén é posible levar o xantar. A continuación amenizará o xantar o grupo Preganza do Pote.

Pola tarde os actos trasládanse para o campo da festa. Con xogos desde as cinco e media da tarde, festa da escuma e inchable ás seis e media e sardiñada a partir das oito e media da tarde. As nove e media actuará o grupo de música tradicional No cómbaro. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora