A romería de Chamorro chega sen auga

A romería de Chamorro chega sen auga

03 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O luns de Pascua celébrase unha das festividades máis típicas de Ferrol (A Coruña). A romería de Chamorro congrega a maiores e aos máis novos, nos arredores da ermida de Nosa Señora do Nordés, emprazada nun pequeno outeiro situado a 164 metros de altitude sobre o nivel do mar. O pronóstico meteorolóxico non agarda precipitacións nesa xornada.

A lenda popular afirma que a ermida ergueuse no lugar no que a Virxe se lle apareceu a dous pastores. Por iso, é tradición facerlle peticións á Nai de Xesús, pero para que as súplicas sexan ouvidas é necesario xubir de xoenllos ou descalzo a costa que leva á ermida. Neste dia de Chamorro, grupos de romeiros ascenden polas ladeiras e comen na ladeira. As augas cristalinas do cume mistúranse cos viños do pais, nunha xornada eminentemente popular. Fusiónase xa que logo, o elemento festivo co relixioso, coa devoción pola Nosa señora do Nordés.

 

Non sabemos a ciéncia certa cal é a orixe do topónimo “Chamorro”. A lenda fala de que provén de “Xa morro”, palabra que diría un naúfrago salvado pola Virxe. Outra hipótese con máis base científica apunta que provén do latín “Chamoris” ou de “Chá” e “Morro”, ou sexa penedo redondo. O historiador ferrolán Guillermo Llorca inclínase por esta última opción.

Sociedade