Rompeu o teito

Rompeu o teito
20 de Febreiro, 2024 - 04:20 h. | Publicada por Radio Fene

“O traballo e a candidata”. Son os factores clave que explican os bos resultados do BNG, en opinión do alcalde de Fene, Juventino Trigo. Fene foi un dos poucos concellos galegos nos que o PP non gañou o 18F.

ESCOITA O PODCAST:

“O resultado do BNG é un resultado moi bo, histórico, cun 41,75% na localidade”. “O cambio xa está aí”, resalta o alcalde, feliz polo primeiro posto do Bloque en Fene e pola suba en votos conseguida en Galicia.  O nacionalismo galego xa tivo a alcaldía de Fene entre 1979 e 2007 coa persoa de Xosé María Rivera Arnoso. Logrou nas eleccións galegas de 1985 o 38,1 %, en 1989 o 31,5 e en 1993 o 35,5. “Os que máis me gustan son os parabéns de moitísimas veciños e veciñas, é bonito ver a cantidade de xente que se acercou pola rúa ou chamou para dicir que dá gusto ver como Fene se mantén”. Pero o sentimento é agridoce por “esa decepción de que non puidera haber cambio na Xunta”. 

Institucional

Publica o teu comentario agora