Roncar e fungar!

Roncar e fungar!
12 de Decembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Veu a noite á casa do vello Fuco. Ao lonxe escóitase cantar a un mozo:

ESCOITA O PODCAST:

Ela casouse cun vello 

non sei que estaba pensando!

O vello, funga que funga, toda a noite está fungando.

Antonio Tizón é o responsable do guión deste podcast que adapta para a radio “Os vellos non deben de namorarse” de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A dirección é de Eugenia Sanmartín e conta cunha banda sonora composta por Antón Ramos.

O grupo Merlín e Familia, que pon as voces aos personaxes deste podcast, está composto polos seguintes actores e actrices por orde de aparición: Rogelio Arias, Sonia Parra, Antón Cortizas, Mariola Hermida, Carme Romero, Helga Méndez, Ana Santiago, Vicky Sas, Odoluscofusco, Angel Simón e Manolo Bacalhao. O imprescindible equipo técnico o forman Lorena Teijeiro, Luis Caldevilla e Xavier Fernández. 

Imaxe: Ángel Simón 

Fotografia: XanXe

Cultura

Publica o teu comentario agora