ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A conversa dunha rapaza coa súa avoa, xentes do Seixo en Mugardos abre este podcast, adaptación dunha obra de teatro. Chámase “Rosalía, poeta na beira do mar”. Marica, mestra, escritora e gaiteira, marcha a traballar a Escocia. A avoa que a criou a despide. Elas falan de Rosalía de Castro, que ambas len con admiración, da necesidade, das mulleres e das relacións cos homes. Escrita e dirixida por Eugenia Sanmartín, nas voces do grupo de teatro Teruca Bouza da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega.

O programa sobre a relación de Rosalía de Castro e O Seixo en Mugardos realizouse en 2019 impulsado por Emisoras Municipais Galegas e Son Radiofusión, coa colaboración da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega e do Concello de Mugardos. Incluiu as seguintes actividades:
Descuberta dunha placa cun fragmento do poema de Rosalía de Castro sobre a festa do Seixo
Cea en homenaxe a Rosalía de Castro, coa intervención do presidente da Fundación Rosalia Anxo Angueira.
Representación da obra de teatro "Rosalia, poeta na beira do mar" polo grupo Teruca Bouza
Podcast adaptado da obra de teatro
Curtametraxe sobre Rosalía e O Seixo
Banda deseñada "Rosalía de festa. Unha viaxe ao Seixo do século XIX"
Libro "A festa do Seixo na beira do mar... Rosalía de Castro e a fábrica"
Roteiro polo Seixo con participación de nenos e nenas do Colexio de Franza que leron poesías de Rosalía
Publica o teu comentario agora