Rosalía a rebelde

Rosalía a rebelde
25 de Novembro, 2021 - 12:07 h. | Publicada por Radio Fene

Encanta se ir, conmove se chora. Caderno de traballo d´A rosa incandescente. A publicación de Anxos Garcia Fonte e Glafira Fernandez Campoamor pretende propiciar o achegamento á obra de Rosalía de Castro. Inclúe unha selección de textos da autora en prosa e en verso. O proxecto complementarase cunha curtametraxe sobre a escritora que se presentará en febreiro. .A literatura e as artes audiovisuais poden establecer un diálogo arrequecedor e necesario, util para a divulgación de contidos culturais e de experiencias artísticas. É moi importante contar con material audiovisual para o traballo docente, afirma a investigadora Anxos Garcia Fonte.

ESCOITA O PODCAST:
Clube de lectura de Radio Fene Radiofusión

Cada unha das seccións do caderno vai precedida dunha explicación á que segue unha variada proposta de exercicios e actividades. A produción cinematográfica de A Rosa Incandescente resultou ser unha fonte inesgotable de posibles recursos educativos que se poderían concretar en novos camiños para explorar. A Rosalía intelectual complementa á Rosalía artista. Son dúas facetas da mesma persoa, segundo a profesora Glafira Fernández. Propoñen exercicios variados, comparando a lingua de Rosalía co galego actual, ou aprofundando na situación da escritora como muller literata incomprendida no século dezanove. Tamén propostas abertas para que alumnos e alumnas investiguen e transiten por un camiño aberto aínda por explorar. A maioría dos colaboradores gustoulles a idea e embarcáronse no proxecto. É un soño feito realidade. 
A vontade cívica de compromiso coa terra e o pobo da autora de Follas novas exprésase con claridade cando di que o poeta non pode prescindir do medio en que vive nin ser alleo ao seu tempo. A curtametraxe e a mesma obra de Rosalía reflexan a sociedade da época. Iso é moi relevante. Rosalía de Castro ofrece unha imaxe complexa e coherente que presenta Galicia como o conxunto de territorio, pobo, lingua, cultura e tradición histórica digno de respecto e admiración que se acabará convertendo no referente do galeguismo do século XIX e XX. Este é un libro pensado para profesores. Tenta ofrecerlles material para traballar cos seus alumnos.  A curtametraxe A rosa incandescente presentarase no mes de febreiro. 
 
 

Cultura

Publica o teu comentario agora