ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Bloque Nacionalista Galego, Esquerra Republicana de Catalunya e Amaiur presentaron unha Proposición Non de Lei que se debaterá no Pleno do Congreso co obxectivo de permitir o dereito de autodeterminación dos pobos. Con esta iniciativa, reclámase o respecto ao exercicio do dereito de libre determinación das nacións que conforman o Estado español: Euskal Herria (cos catro territorios forais), Països Cataláns e Galiza, así como todas as que
Coa iniciativa preténdese tamén recoñecer, de acordo co dereito internacional, que as nacións teñen o dereito de dispor libremente das súas riquezas e recursos naturais. Neste sentido, avógase porque sexan os Parlamentos das nacións do Estado español, como representantes lexítimos da soberanía popular, quen poderán decidir e exercer libremente sobre estes dereitos, recolle o texto.
Ademais, na Proposición Non de Lei asinada polas tres formacións nacionalistas, demándase que o Congreso inste ao Goberno do Estado a respectar a convocatoria do exercicio de referendo de autodeterminación nacional sobre a constitución dun Estado independente a instancia dos Gobernos autónomos, do Parlamento ou do 20% do censo electoral das últimas eleccións municipais, mediante o mesmo proceso estabelecido para a iniciativa lexislativa popular no seu territorio.