A roseira de Álvarez Blázquez non murcha

A roseira de Álvarez Blázquez non murcha

15 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por

A Real Academia Galega celebra unha xornada na honra de Xosé María Álvarez Blázquez no centenario do seu nacemento. O acto, de entrada libre ata completar aforo, desenvolverase a partir das 19.30 horas desta tarde na Área Panorámica (Sala Félix Rodríguez) de Tui, a vila natal do polígrafo, membro de número da Academia e protagonista do Día das Letras Galegas de 200

Na súa intervención, a profesora da Universidade de Vigo Ana Acuña afondará en novas vías para o coñecemento e o recoñecemento da vida e da obra de Álvarez Blázquez. Xosé María Álvarez Blázquez, Pepe Cáccamo, deterase en Canle segredo, poemario escrito entre 1951 e 1953 pero que non saíu á luz ata 1976; e Darío Xohán Cabana achegará o seu recordo do homenaxeado como mestre de mocidade durante os anos que traballou con el en Edicións Castrelos, entre 1971 e 1975.

Na presentación da mesa redonda participarán tamén, xunto ao presidente da Academia, Xesús Alonso Montero, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, María José González.

Centenarios

Ao longo do mes de setembro, A RAG celebrará outras dúas xornadas na honra dos tamén académicos de número Xaime Ilsa Couto e Ramón Piñeiro, nados igualmente en 1915. A dedicada a Isla Couto terá lugar na Casa da Cultura de Vigo o 23 de setembro e contará coa participación de Xabier Martínez Cobas, Víctor F. Freixanes e Xosé Luís Franco Grande. A homenaxe a Ramón Piñeiro será o 29 de setembro en Lugo e xuntará nunha mesa redonda a Xosé Manuel Dasilva, Henrique Monteagudo e Andrés Torres Queiruga.

Cultura