As rosquillas de Anís

As rosquillas de Anís
26 de Marzo, 2021 - 08:00 h. | Publicada por Radio Fene

As rosquillas son un doce festeiro, presente nas romarías e festas de todo o país. As máis comúns son as rosquillas de anís.

As rosquillas ou rosquiñas son un doce clásico e festeiro de forte arraigo no noso país, a miudo presente nas romarías, feiras, rúas ou barrios en festa e toda clase de celebración popular. Non significa que sexan creación exclusivamente galega.

Os ingredientes máis común son fariña triga, ovo, azucre, manteiga ou aceite e xarope.

Rosquillas de anís.(para 4 persoas)

Dous ovos, 500g de fariña, 1 sobre de lévedo, 2 cunquiñas de azucre, reladura dun limón, 1 conquiña de anís, 75g de aceite e aceite para fritir.

Nun bol batemos ben os ovos, o azucre, o lévedo e o anís Nunha tixola fritimos a reladura do limón no aceite. No bol ir mesturando a fariña aos poucos e amasando ata conseguir unha masa espesa e deixala repousar cuberta cun trapo. Facer bolas coa masa e traballalas coas mans  ata obter ciclindros duns 8 cm de longo e formar con eles as rosquillas. Nunha tixola con abubdante aceite fritir as rosquillas e posalas en papel absorvente. Cando arrefríen botarlle por riba azucre.

Cultura

Publica o teu comentario agora