ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Dezaseis organizacións ecoloxistas, entre as que se atopan Adega, Lapis Verdes, a Federación Ecoloxista Galega e a Sociedade Galega de Historia Natural, organizan para o vindeiro sábado unha marcha pola zona de Pico Vello, en Goente (As Pontes). A actividade ten como obxectivo dar a coñecer a importancia deste lugar de grande biodiversidade, cun altísimo valor natural e etnográfico, e protestar pola pretendida instalación dunha mina de andalucita. Os ecoloxis
O roteiro convocado para o vindeiro sábado terá carácter formativo, á vez que reivindicativo. Segundo explicou a Radiofusión Fernando Rodríguez Lamela, membro da Sociedade Galega de Historia Natural, o percorrido realizarase sobre pistas e sendeiros nos que "os participantes poderán coñecer a fraga de Pico Vello, os aspectos xeolóxicos do xacemento, as afeccións da entulleira sobre os ríos, a fauna e a flora da zona, así coma outros aspectos etnográficos". Ao remate, xa pola tarde, os participantes terán oportunidade de visitar o Museo Etnográfico da Capela.
Dende que se publicou no DOG, o pasado 11 de marzo, o Estudo de Impacto Ambiental do proxecto, as organizacións ecoloxistas que se opoñen á explotación do xacemento de andalucita nas Pontes non cesan no seu empeño de paralizalo. Primeiro denunciaron, perante a Fiscalía de Medio Ambiente, a aprobación do Estudo de Impacto Ambiental "por irregularidades no proceso de tramitación", para logo iniciar contactos cos distintos Concellos da bisbarra para recabar o apoio das Corporacións Locais. O obxectivo final é protexer a zona, conquerindo a declaración de Espazo Natural Protexido ou promovendo a súa inclusión no Parque Natural das Fragas do Eume.
Para participar no roteiro polo Pico Vello, cómpre anotarse ate o mércores, 12 de maio, no local da Sociedade Galega de Historia Natural ou chamar ao teléfono 981-352820. O día da marcha está previsto que saia un autobús, ás dez da mañá, dende a Praza de Galicia de Ferrol (diante do edificio de Correos), con paradas en Caranza, Fene, Cabanas e As Neves. A volta será sobre as seis da tarde.