Roubaban en furgonetas

Roubaban en furgonetas
01 de Outubro, 2026 - 11:13 h. | Publicada por Radio Fene

Dous detidos por substraer mercadorías de furgonetas de repartición en Fene e Neda. Son dúas persoas veciñas de Fene ás que detiveron axentes do posto fenés da Garda Civil como presuntas autoras de varios delitos continuados de furto cometidos en furgonetas. Parte dos efectos subtraídos, valorados en 4.300 euros, puideron ser recuperados. Dous caudalímetros que tiñan como destino unha empresa do sector naval foron localizados nunha leira de Neda. 

A investigación iniciouse tras as denuncias interpostas por traballadores de distintas empresas de mensaxería. Os primeiros feitos rexistráronse en Fene o 28 de agosto e continuaron o 10 de setembro en Neda, onde se apoderaron de material farmacéutico e industrial. Os axentes determinaron que os implicados vixiaban os roteiros de distribución para actuar durante as breves ausencias dos condutores nas entregas a inmobles de locais. As dilixencias instruídas, xunto coas dúas persoas detidas, foron postas ao dispor do Tribunal de Instancia de Garda de Ferrol.

Sociedade

Publica o teu comentario agora