ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Desarticulado un grupo acusado de roubar en establecementos de Fene e doutros concellos da comarca. A Garda Civil detivo tres homes nunha operación bautizada co nome Yellowfene.

A Garda Civil desarticulou un grupo criminal especializado en roubos cometidos en establecementos de hostalaría. Os detidos son os presuntos autores de polo menos nove delitos de roubo con forza e un delito de pertenza a grupo criminal. A operación do equipo de Policía Xudicial de Ferrol co apoio do posto de Fene desenvolveuse o pasado 23 de abril. Un dos detidos ingresou en prisión e os outros dous quedaron en liberdade con cargos á espera de xuízo por decisión do Tribunal de Instancia. Están acusados de roubar en establecementos de hostalaría, unha vez que estaban pechados, de Fene, Valdoviño, San Sadurniño, Cabanas, Miño e Cambre. Os danos causados están valorados en máis de 100.000 euros.
Publica o teu comentario agora