Roubos esclarecidos en Neda

Roubos esclarecidos en Neda
09 de Setembro, 2026 - 11:00 h. | Publicada por Radio Fene

Detidos dous veciños de Neda que están acusados de dous roubos e un furto cometidos nese concello. 

 

A Garda Civil de Fene detivo a dous homes, veciños de Neda, como presuntos autores de dous delitos de roubo e un de furto. Están acusados dun roubo no interior dun domicilio, un furto noutra vivenda e o roubo de cableado público. O modus operandi era o mesmo, os autores actuaban de noite, en ausencia dos moradores das vivendas, accedían ao interior para subtraer ferramentas e maquinaria de xardinería que posteriormente vendían. Tamén roubaron cableado eléctrico da iluminación pública, despois de violentar as tapas dos rexistros da canalización. Os presuntos autores son ous homes coñecidos das forzas de seguridade por diversos delitos anteriores e a Garda Civil logrou localizar a maior parte dos efectos subtraídos. A investigación continúa aberta e non se descartan novas detencións. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora