Rumbo 21 achégase aos mercados de Ferrol

Rumbo 21 achégase aos mercados de Ferrol

11 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Rumbo 21 continúa recollendo sinaturas en apoio á Iniciativa Lexislativa Popular para a reactivación de Navantia Fene. Ao longo dos próximos días, a plataforma instalará mesas en distintos puntos do Concello de Ferrol.

A Comisión Promotora da Iniciativa Lexislativa Popular para Reactivar a Industria Naval Galega achégase mañá ate o barrio do Inferniño, aproveitando a celebración do mercadiño. O próximo luns, os membros de Rumbo 21 instalarán a súa mesa informativa no mercado de Recimil e o martes no Mercado Central. Tódalas persoas que queiran asinar poderán facelo a partir das 11 da mañá.

Sociedade