Rumbo a Eslovenia

Rumbo a Eslovenia
25 de Setembro, 2024 - 02:49 h. | Publicada por Radio Fene

Os pilotos da Escuadra Scratch Fene Édgar Vigo e Fátima Ameneiro poñen rumbo a Eslovenia. Serán os únicos españois nunha competición con 12 nacionalidades e na que destaca o mundialista Mads Ostberg.

Edgar e Fátima son líderes actuais do FIA European Rally Trophy e competirán esta fin de semana no Rally Mahle Nova Gorica de Eslovenia, 6ª proba do seu calendario continental. A competición eslovena, inicialmente non entraba dentro dos plans do equipo galego, pero, segundo explican, a súa condición de líderes do certame, fixo reformularse o calendario. Na pasada tempada, este foi o rallye máis complicado de todos os celebrados xa que á dificultade dos tramos, extremadamente esvaradíos e rápidos, uníase unha lesión física de Fátima que impedía ao equipo render ao 100%. Este ano, co coñecemento do terreo, o equipo espera ter unha mellor actuación, para o que decidiu competir na unidade de Renault do equipo, coa que loitarán entre os vehículos Rally5. Entre os seus principais rivais, estarán presentes o búlgaro Nikola Mishev e o eslovaco Martin Kysucky, vencedor en Polonia e que demostrou unha gran progresión nesta fase final do calendario, pasando a ser o principal rival dos coruñeses.

Deportes

Publica o teu comentario agora