Rumbo XXI pide a colaboración aos deputados galegos con representación en Madrid

Rumbo XXI pide a colaboración aos deputados galegos con representación en Madrid

13 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Presidente do Goberno español, Rodríguez Zapatero, adquiriu en tres ocasións o compromiso político perante o Pleno da Cámara para que desde a Presidencia da Unión Europea traballaríase para levantar o veto a Astano. Este é o encabezamento das tres cartas envíadas onte aos deputados galegos en Madrid, Xavier Carro, Fernández de Mesa e Francisco Jorquera para que conxuntamente fagan un chamamento a Zapatero para que leve a cabo o seu comp

Tras a visita infructuosa do ministro de fomento, José Blanco, a Ferrolterra e as declaracións do comisario europeo Joaquín Almunia lonxe de caer no desánimo a plataforma Rumbo XXI reforza o seu obxectivo do levantamento do veto a Astano. Segundo un dos membros da plataforma cidadá, Jesús Varela, a situación non empeorou e hai unha frase de Almunia que deixa aberta as portas á esperanza cando di “o levantamento do veto será posible devolvendo os 975 millóns de euros en axudas aos estaleiros beneficiados". O estaleiro de Fene só beneficiouse de 60 millóns de euros cando a Bazán comprou Juliana, o estaleiro de Cádiz e Astano e por riba estas axudas non as recibiu da UE. Astano, sinala Varela, só tería que devolver o seu e non a totalidade das axudas aos estaleiros e aplicando sempre un criterio de proporcionalidade tendo en conta os cinco anos de veto que mantén atada á empresa.

Sociedade