"Ruta 66" (TVG, 22.10 h.)

"Ruta 66" (TVG, 22.10 h.)

10 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A televisión é un lugar propicio para o paradoxo: abundan os programas feitos para xubilados, pero non hai nin rastro deles na pantalla, a non ser que aparezan sufrindo como público de plató, ese que cobran un bocadillo de ‘chopped’ e unha mazá por rostizarse como polos baixo os focos e bater as palmas como robots para animar a María Patiño cando cuspe carraxe contra Humberto Janeiro. O medio televisivo perde aos espectadores máis n

A TVG ven de probar sorte co primeiro ‘reality’ consecuente: se os maiores son os que máis ven a tele, ben merecido teñen ser os protagonistas. “Ruta 66” xunta a oito homes e mulleres en idade de recibir a pensión e os pasea en microbús por Galicia (nunha alegoría non declarada das viaxes do Imserso), poñéndoos a proba con diversas actividades que, aínda que parecen do máis común, non lles son habituais. Colaboran con ‘oenegués’, lévanos de discotecas ou fannos practicar deportes de risco para os osos e os males de cadeira como é o tobogán de piscina. E o caso é que eles atrévense con todo e a cousa non deixa de parecerse a outro ‘show’ xuvenil calquera, agás porque o traxe dos protagonistas vai algo máis cascado. O espectáculo funciona polo bo ‘casting’ de concursantes feito pola produtora, entre o que se conta o home co nome máis ‘molón’ que eu xamais escoitara fóra das ‘pelis’ de Tarantino: Longines. Ou o señor era reloxeiro ou é o máis puntual do mundo. Para saber máis del e dos demais, hai que enchufar “Ruta 66”, que pasan na Galega ás dez e dez da noite.

Sociedade