A ruta dos Cerqueiros e a dos castelo de Moeche e Narahío, grandes atractivos para os sendeiristas

A ruta dos Cerqueiros e a dos castelo de Moeche e Narahío, grandes atractivos para os sendeiristas

09 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Dúas marchas prográmanse nas Rutas de sendeirismo outono 2009 do Concello de Fene. A primeira camiñata é a ruta dos Cerqueiros en Monfero. O percorrido iníciase no Mosteiro de Monfero, ata chegar a Pila de Leña. Dende o lugar da Portela descenderase polos Cerqueiros entre piñeiros e con boas vistas do encoro. Chegarase ata á desviación dos Esterqueiros para descender xa na Fraga do Monte Carboeiro. Un enclave para contemplar a frondosidade dos c

Esta ruta desenvolverase o sábado 24 de outubro saíndo en bus ás nove e media da mañá da Praza do concello e chegando ao mesmo punto ás sete da tarde. A ruta de dificultade media-baixa conta cunha lonxitude de 15 quilómetros. O prezo da actividade ascende a 10,25 euros por participante. Como actividades de interese esta ruta inclúe a realización do circuíto Multiaventura situado en Mall "Monfero Rural". O prezo do mesmo é de 15 € /.

A segunda marcha é a Ruta dos Castelos e mosteiros dende Narahío a Moeche. Comeza na Serra do Forgoselo chegando aos pés do Castelo de Narahío. Pasarase polo Muiño da Pedreira e a área de descanso de Pozo de Lamas. Outros puntos do percorrido son A Fraguela, o lugar de Barreiros e o lugar de Filgueira. Tras pasar polo muíño da Ponte, camiñarase ata o castelo de Moeche e á Igrexa de San Xurxo.

Esta ruta dos Castelos e mosteiros dende Narahío a Moeche de 17 quilómetros de percorrido realizarase o venres 7 de novembro. Conta cunha dificultade media-baixa. O custe para participar ascende aos 10,25 euros. Proponse visitar o Castelo de Moeche, recentemente restaurado e aberto ao público. O prezo da entrada é de 2,50 € / persoa.

Os interesados poden inscribirse a partir do vindeiro xoves 15 de outubro ata o xoves anterior a cada marcha no Departamento de Cultura, Deportes e Xuventude do Concello de Fene, sito na Avda. Naturais 44, entrechán dereita. Poden anotarse en horario de oficina. Para máis información teñen o número de teléfono 981 34 03 66.

Deportes