As rutas turísticas en lancha pola Ría de Ares retoman a súa actividade.

As rutas turísticas en lancha pola Ría de Ares retoman a súa actividade.
01 de Xullo, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Por César Bravo Pereira

Durante todo o verán e ata o 12 de Outubro, aqueles que o desexen poderán gozar desta ruta que recorre lugares tan destacados da zona como o Porto das Redes ou as Illas das Mirandas. 

A concelleira de turismo, Lucía Blanco, presentou o servizo turístico “Ares dende o mar”, unha proposta para coñecer dunha forma diferente a ría de Ares. A viaxe a través da Ría de Ares terá lugar no barco pesqueiro M. Presas. Os prezos varían dependendo da idade do pasaxeiro, sendo de 15 euros para os adultos e de 8 para os menores de idade. Os traxectos faranse sábados e domingos, en 4 quendas distintas: 2 pola maña e 2 pola tarde (cunha duración de 90 minutos cada unha). Se por algún motivo desexas facer esta viaxe fora dalgunha destas horas, podes facer unha reserva (con mínimo 3 días de antelación) por 120 euros sempre e cando non sumedes máis de 12 pasaxeiros. Se desexas experimentar esta viaxe, podes reservar praza no 609 224 233, no 981 468 259 ou acudindo persoalmente á Oficina de Información turística do municipio de Ares.

Fotografía: Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora