Ruxen os motores

A proba de Fene ten o aliciente de ser a última do Campionato Galego.
04 de Decembro, 2018 - 02:08 h. | Publicada por Radio Fene

O XIV Slalom Scratch Fene dispútase o sabado 8 de decembro á noite no circuíto de Vilar do Colo. Iván Picallo e Manuel Trevín, entre eles anda o xogo.

O Slalom Scratch Fene cumpre catorce anos e volve ser nocturno. Será a última proba puntuable de todo o automovilismo galego. Xogaranse o campionato o piloto de Neda, Iván Picallo e o de Ortigueira, Manuel Trevín. Celébrase o sabado 8 de decembro no circuíto do Polígono Vilar do Colo, co Gran Premio patrocinado por Auga apartamentos. Ademais están en xogo outros catro galardóns: o XI Trofeo Scratch Fene (Talleres neumáticos + Gas Sport de Narón); o XIII Trofeo de Debutantes (Talleres Gandoy); o XIII Trofeo Feminino ( Ortegal Oil) e o III Trofeo Talleres Ramos. Colaboran co Slalom de Fene, o concello e a Xunta de Galicia. Ata o venres dia 7, ás 21:00h, non se coñecerá a lista definitiva de inscritos.

Horarios

O primeiro adestramento comenzará ás 12:30 horas e o segundo ás 16:00 horas. A Carreira, primeira manga, sairá ás 18:30 horas e a segunda manga a continuación. Ás 22:00 horas publicaranse os resultados finais.

Deportes

Publica o teu comentario agora