ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O equipo de Scratch Fene lucirá o número 14 no Rally de Ferrol con saída en Esteiro hoxe ás 17.30h.

Con motivo do Rallye de Ferrol, o equipo formado por Édgar Vigo e Fátima Ameneiro, comezarán un dos retos que se propuxeron neste 2019. Despois de competir en terra e asfalto, dentro do Supercampeonato de España de Rallyes, a puntuabilidade do Rallye de Ferrol para o Tour European Rallye (TER Series) puxo, desde principio de ano, o punto de atención dos deportistas feneses neste campionato continental. Ferrol será a primeira cita para Édgar e Fátima dun campionato no que, en caso de obter un bo resultado, continuarán por terras de Rumania, Bélxica e Suíza.
O Rallye de Ferrol, no seu 50 aniversario, é unha cita coa historia que os de Scratch Fene non se podían perder. Será un rallye, como de costume, complicado. Nesta ocasión, o equipo contará cun Peugeot 208 R2 da estrutura ferrolá de TRS co número 14 nas súas portas. O equipo espera ter máis sorte que cos anteriores Peugeot que probaron nesta tempada porque só nunha ocasión non sufriron unha avaría mecánica. Coa puntuabilidade das TER Series, o equipo espera volver á senda do éxito e recuperarse de tantos problemas.
Publica o teu comentario agora