Sábado aproveitado

Sábado aproveitado
15 de Abril, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Aprender como pintar teas. Unha actividade que organiza a Asociación Veciñal de Limodre para o vindeiro sábado. Da formación ocuparase Teo Castro 

ESCOITA O PODCAST:

So hai que levar unha camiseta ou bolsa. Ao remate do obradoiro terase unha peza única pintada por un mesmo. Obradoiro de pintura en tea. Na Escola de Limodre, o sábado día 19 de abril. Terá lugar de 16 a 20 horas. Dirixido a maiores de 6 anos dispostos a aprender a técnica de pintura en tea. Prezo, 8 euros para persoas socias e 10 euros quen non o sexa. Na tarifa van incluídos os materiais de pintura. 



 

Sociedade

Publica o teu comentario agora