Sábado de moda en Fene

Sábado de moda en Fene
06 de Xuño, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O comercio local anima ás rúas de Fene coa celebración este sábado dunha nova edición da Fene Fashion Night. Organizada pola Asociación O Cruceiro coa colaboración do Concello de Fene. A presidenta da entidade de Comercio, Hostalería e Servizo, Ana Basoa, avanzou detalles do evento.

ESCOITA O PODCAST:



Moito atractivos, como desfiles, concertos e animación de rúa están programados para a Fashion Night. Ademais, a clientela terá a oportunidade de participar nun sorteo dunha viaxe de tres días por Europa para 2 persoas. Vanse repartir 300 papeletas nos establecementos participantes na Fashion Night e o sorteo terá lugar o día 12 de xuño, ás catro e media da tarde. O número gañador farase público no Instagram da Asociación O Cruceiro e tamén nos escaparates dos negocios. Na iniciativa participan 25 establecementos de distintos sectores, como moda e calzado, beleza, óptica, hostalaría e lecer… O horario das tendas será de 10 a 14 pola mañá e de seis a once da noite. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora