Sábado solidario en Xubia a prol da Fundación Adra

Sábado solidario en Xubia a prol da Fundación Adra

01 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Paco Lodeiro e Mapi Venancio presentarán este ano o Festival Solidario organizado polos Zares. O evento terá lugar este sábado 5 de setembro no paseo marítimo de Xubia en Neda. A recadación entregaráse á Fundación ADRA, unha entidade que se adica ao reparto de alimentos e roupa entre as familias máis necesitadas.

Abasto, The Bosses, Sito Sedes, Balakandra, Maria Manuela e Doctor Robert compoñen o elenco musical que actuará en Xubia nesta fermosa iniciativa.

O Festival Solidario dos Zares coincidiu en anos anteriores coa festa do Pan de Neda. Nesta ocasión, o Festival celebraráse o sábado 5 de setembro, mentras que a Festa do Pan desenvolveráse o domingo dia 6. Festival Solidario dos Zares. O sábado 5 de setembro no paseo marítimo de Xubia.

Sociedade