ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O profesor de Ciencia Política, Ignacio Sánchez-Cuenca, converteuse nunha referencia insólita entre os analistas políticos españois. Non é o único, pero si seguramente o máis fundado de quen estes dias asume a responsabilidade de observar a realidade e falar dela sen prexuizos.
“Moitas das renuncias que se produciron no Goberno de Pedro Sánchez teñen que ver coa hostilidade, a sabotaxe ou a oposición frontal dos avogados do Estado, que lle din ao presidente que certas cousas que quere facer son imposibles. Das forzas de seguridade, que se negan a quitar as concertinas. Da avogacía do Estado que está en contra de que se publique a lista de amnistiados fiscais. Dos fiscais que ameazan con rebelárense se a Fiscalía Xeral do Estado decide retirar o cargo de rebelión e sedición” afirma o profesor universitario Ignacio Sánchez-Cuenca.
Para o sociólogo, e en relación co proceso aos lideres independentistas cataláns, “é unha aberración que se considere que a protesta política pode ser un acto de violencia. A violencia é unha cousa moi seria,e non se pode tratar de xeneralizar pasándollela aos cidadáns que saen da súa casa para votar o 1 de outubro, ou que saen a protestar por unha intervención do Estado central na Generalitat. Iso non é violencia baixo ningún punto de vista. E se non hai violencia, non hai rebelíon nin sedición” sinala Sánchez- Cuenca nunha entrevista realizada por Fernando Varela e publicada no último número (abril 2019) da revista Tempos Novos.
Ignacio Sánchez-Cuenca (Madrid, 1966) é sociólogo, filósofo e profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III de Madrid.
Publica o teu comentario agora