ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
María Xosé Silvar Sés actua esta noite no Campo Castelo de Lugo dentro do programa das festas do San Froilán. Comezará ás dez e media da noite. Antes, ás nove da noite na Praza de Santa María, ofrece un concerto Malvela.
Formada na música e no baile tradicional, María Xosé Silvar é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 crea xunto a tres amigos Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso ACoruña Son, apadriñado por Santiago Auserón.
Despois de máis de 30 concertos por toda Galicia con Chámalle Xis! e logo de colaborar con grupos coma Zënzar ou Xabier Díaz, en 2010 María Xosé Silvar ficha pola produtora carralesa Airapro, que fai de Sés un dos seus proxectos insignia e coa que publica en 2011 ‘Admirando a condición’, o primeiro disco de Sés (o nome «caseiro» de María Xosé Silvar), un proxecto 100% en galego e 100% en feminino.
Na formación completa, Sés é unha banda de dez músicos de corte americano, con coristas e metais incluídos: ademais de María Xosé Silvar, compositora e vocalista de todas as cancións, completan a formación Aixa Romay, Lucía Souto, Carla Álvarez (coros), Tito José Calviño (guitarra), Miguel Queixas (batería), Cristian Leggiero (piano), Jose Rodriguez (saxo), Moncho Ces (trompeta) e David Paz, que ademais de tocar o saxofón é o produtor musical e arranxista do disco.
Sés tamén actúa nun formato acústico, no que María Xosé Silvar só está acompañada do guitarrista Tito José Calviño. Unha proposta cercana e enérxica coa que levan ofrecido preto de 50 concertos por bares e locais de toda Galicia.