A síndrome da cabana

A síndrome da cabana
17 de Xuño, 2020 - 12:11 h. | Publicada por Radio Fene

A síndrome da cabana, as máscaras e os centros deportivos, a análise.

ESCOITA O PODCAST:

Non son poucas as persoas que, despois de pasar máis de dous meses confinadas, agora temen sair da casa. Este comportamento coñécese como a “Síndrome da cabana” e ven ser, segundo o psicólogo José Barcia, o temor a sair á rúa, un sentimento de medo á socialización ou a reticencia a volver á normalidade. “A razón é que saímos do fogar que nos protexía de todos os males e abandonalo é como expoñerse de novo a eles”. Non se trata dun trastorno como a agorafobia, na que non existe ningún perigo potencial para ter medo a sair. No caso da “sindrome da cabana” sí temos unha razón, non contaxiarnos dun virus. Non é patolóxico, sempre que nos permita retomar a nosa vida laboral e cumprir coas nosas obrigas habituais.

As máscaras e a comunicación emocional.

Barcia está convencido de que a máscara non nos impide a comunicación emocional. É certo que a condiciona porque cubre unha parte importante da cara, a zona da boca. “Pero cos ollos, coa mirada podemos expresar as nosas emocións e interpreter as dos demais” afirma José Barcia quen engade a voz e outras partes do corpo, como as mans, como elementos que transmiten moita información. Nun chiste que circula por Galicia, unha muller dille á farmacéutica: "póñame unhas carautas". 

Barcia fala tamén da nova normalidade nos centros deportivos, lugares que teñen moita afluencia de persoas e por iso deben seguir uns protocolos moi esixentes. O máis exótico que veu nas súas inagacións foron as "burbullas plásticas" aillando ás persoas nos seus aparatos ximnásticos, nos EEUU.

 

(Na imaxe, Laura Cruz e Rosa Graña, da asociación Por+vida)

Deportes

Publica o teu comentario agora