ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Acudimos a Triacastela na procura das pegadas de Germain Nouveau, o poeta francés -amigo de Verlaine e Rimbaud- que a comezos do século vinte fixo o Camiño de Santiago e redactou e enviou cartas desde a vila luguesa. Álvaro Cunqueiro, no libro El pasajero en Galicia, (Tusquets,1981) recolle anécdotas arredor da viaxe. Movidos polo interese literario viaxamos o dia vinteoito, coincidindo coa feira mensual. Estivemos mollando a palabra nunha mañá preñada de luz e probamos o ouro vermello, en forma de callos servidos no Hostal Mesón Vilasante.
"Os surrealistas volveron poñer de moda a Nouveau" segundo asegura Pedro José Vizoso, natural de Xinzo de Limia, na actualidade profesor no Hastings Colllege en Nebraska (USA) e autor da edición da obra do poeta, comentada e traducida ao español "Saber amar". Germain foi desde París a Santiago de Compostela en 1906, despois de ir a Roma e ao Norte de África en largas peregrinaxes a pé.
Nouveau fala dos queixos cremosos que lle dan de comer en Galicia, queixábase de que tiña que "comer moi ben", sen deixarlle pasar xexún nen facer penitencia. "Xa quixeran as parturientas os colchóns cómodos que me daban a mín" apunta. Son anécdotas moi verosímiles, segundo o profesor galego.
Un dos sonetos de Germain Nouveau
Viviremos nun cuarto discreto,
sempre cheo dun aroma embriagador
que só deixe pasar, como se intúe,
unha luz feble e tenue semellante á tardiña.
Unha loura delicada cunha bonita bata
sacaralle melodías a unha mandolina,
e as brancas cortinas de tecido fino
reflectiranse nun gran espello.
Cando teñamos fame, por todo alimento
petiscaremos froitos traídos da China,
e só beberemos en ouro vermello.
Para durmir, igual que os gatos,
xaceremos sobre frescos tapices
e esqueceremos todo, mesmo o sol!
Publica o teu comentario agora