ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
SóS son un powerdúo de rock alternativo formado por Adrián Castro (batería e coros) e David Pita (baixo e voz principal), unha proposta emerxente aínda que os seus dous compoñentes contan con máis dunha década de experiencia e con máis dun lustro tocando e experimentando xuntos. Froito desa experimentación xurde a proposta na que traballan dende 2023.
Presentan mañá sábado en San Sadurniño o seu disco “Volume un”. Actuarán ás dez menos cuarto da noite na sala Dzine.
Aseguran que son peculiares porque con só dous instrumentos fan soar o seu estilo sen necesidade de engadir ningún instrumento mais. 6 temas propios forman parte do seu primeiro EP que leva o nome de “Volume Un”, xa dando pistas de que hai un volume dous agardando xa para entrar no “forno”. Este seu primeiro traballo xa está ao voso dispor en plataformas e tamén en formato físico pero estade atentxs, porque están preparando unha mini xira de presentación.
Publica o teu comentario agora