ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O individualismo ao que nos conduce a sociedade actual trae como consecuencia máis soidade. Dáse en todas as idades e ten consecuencias perigosas, advertiu en Radio Fene a traballadora social especialista en materia de Igualdade Paula Paz.
“Illámonos en pequenas burbulliñas, non hai sensación de comunidade e agora vemos soidade en xente nova, iso é gravísimo, ten un impacto brutal na saúde mental”, alerta. “Persoas que están viúvas ou sen parella, atopan familia nas amizades, en xente cos mesmos intereses, é algo que temos que potenciar máis, tomar café, ir á praia, desmontar o individualismo para desmontar a onda de soidade”, recomenda Paula. Lamenta tamén a perda de relacións entre xente nova e xente maior. “Perdemos moita información, sempre se aprendeu da xente maior, teñen unha experiencia de vida que ensinar”
Publica o teu comentario agora