Saíron polos puntos

Saíron polos puntos
16 de Abril, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Dous goles de Noa e Carla déronlle os tres puntos ao Perlío no partido que disputou contra o Val B este domingo nos Pinares. Perlío 2-0 O Val B na Terceira División Galega de fútbol feminino. Non é de estrañar a satisfacción do adestrador, Rafa Afonso, por unha vitoria que consolida ao Perlío na sétima posición da táboa. 

 

ESCOITA O PODCAST:

“O equipo saíu convencido a polos tres puntos, antes do minuto 5 xa marcara o primeiro gol”, sinalou un técnico que se declara “moi contento, felicitar ás miñas rapazas, foi un bo encontro, esforzáronse, tres puntos que nos permiten asentarnos na sétima praza”. 

A vindeira fin de semana hai parón na Liga feminina. Pero xogan nos Pinares o seu pase á final fronte ao Maniños, “un equipo dunha categoría superior, pero xogamos na casa, nós tamén estamos nunha boa dinámica. Se somos quen de seguir penso que lle podemos poñer as cousas moi difíciles e disputar final de Copa”.

Deportes

Publica o teu comentario agora