Saúde animal

Saúde animal
16 de Febreiro, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Protestas dos veterinarios pola nova normativa do Ministerio de Agricultura que lles restrinxe a dispensación de medicamentos aos animais. Quéixanse tamén de que os profesionais sanitarios non teñen IVE pero os veterinarios si, do 21%. “Eu creo que os veterinarios seguimos sen ser considerados sanitarios, é a miña opinión persoal”, manifestou Noemí Graña en Radio Fene. 

ESCOITA O PODCAST:

“Realmente a quen prexudica é aos nosos animais, porque vai en detrimento da calidade dos nosos servizos”, denuncia a veterinaria etóloga Noemí Graña. “Eu teño que poder ter criterio clínico e dicir isto é o mellor para tratar o teu can, o teu gato ou o teu coello”, apunta a colaboradora de Radio Fene. En Galicia, os veterinarios fixeron un paro simbólico o día 11 ás once da mañá. E preparan unha manifestación para o 23 de febreiro na Coruña.  

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora