ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os océanos son o soporte vital do noso planeta e regulan o sistema climático mundial. Constitúen o maior ecosistema do mundo, albergan case un millón de especies coñecidas e presentan un enorme potencial científico sen explotar.
Si, neste episodio de “Empeza por ti” imos falarvos do mar. Porque a saúde dos océanos está intrinsecamente ligada á nosa, porque nos proporcionan recursos naturais clave como alimentos, medicinas, biocombustibles e outros produtos; ademais os océanos axudan a descompoñer e eliminar os residuos e a reducir a contaminación; e os seus ecosistemas costeiros contribúen a reducir os danos causados polas tormentas. Tamén constitúen o maior almacén de carbono do planeta.
O Obxectivo 14 pretende conservar e utilizar sustentablemente os océanos, os mares e os recursos mariños. Porque, a pesar do importante que é protexer os océanos, décadas de explotación irresponsable dos recursos teñen provocado un nivel alarmante de degradación e é unha realidade incuestionable que a existencia humana e a vida na Terra dependen duns océanos e mares sans.
Empeza por ti é un programa das Emisoras Municipais Galegas, realizado coa axuda da Deputación da Coruña.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora