ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Festa da Podoloxía este venres no Hospital Naval de Ferrol. Do que significou a implantación desta titulación e da importancia da podoloxía falou en Radio Fene o decano da Escola de Enfermaría e Podoloxía, Pedro Gil, que foi un dos primeiros profesionais formados en Podoloxía en Ferrol.

O Campus Industrial de Ferrol é referente na formación dos profesionais que se ocupan da saúde dos pés, que axuda á mobilidade e a autonomía das persoas. A Facultade de Enfermaría e Podoloxía da UDC é o único centro universitario de Galicia que imparte esta titulación. Teñen unha longa experiencia acumulada, pois este ano cúmprese o 25 aniversario da primeira promoción que cursou en Ferrol estes estudos universitarios e xa son 26 anos de funcionamento da Clínica Universitaria de Podoloxía.
Publica o teu comentario agora