A saúde dos ríos galegos progresa adecuadamente

A saúde dos ríos galegos progresa adecuadamente

12 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

Hai fartura estes días no ríos. A chuvia encheu os seus caudais facendo que ollemos cara eles con máis atención da común. Pero que os vexamos cheos non quere dicir que estean sans. Para saber mellor dos ríos, hai que mollarse. Iso é o que vén facendo dende hai anos o Proxecto Ríos da organización ecoloxista ADEGA, unha iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental que actúa sobre os cursos fluviais. De re

A calidade do bosque de ribeira é outro parámetro que serve para establecer a saúde dos cursos fluviais. A degradación que sofren as marxes dos ríos do país continúa como en anos anteriores. Máis da metade dos treitos estudados presentaban as súas marxes con alteracións importantes e moi degradadas, correspondendo aos ríos Corgo, Zamáns, Lagar ou Limia entre outros.

Dende 2004, ano de inicio do Proxecto Ríos, o número de participantes aumentou considerabelmente. Na actualidade cóntase con 271 grupos de voluntarios e voluntarias por todo o país. Deles, enviaron as inspeccións de río o 52%, porcentaxe moi parecida á de 2012 (55%). En canto á participación por provincias, A Coruña (40%) é a que máis grupos rexistra seguida de Pontevedra (38%). Lugo é Ourense teñen unha participación máis discreta co 13% e 9% respeitivamente.

Áreas

A bacía máis estudada é a das Rías Baixas, que acada unha porcentaxe do 49% das inspeccións realizadas. A porcentaxe restante repártese entre as do Miño (20%), Arco Ártabro e Fisterrá (20%), as do Limia-Douro (4%) e as bacías que verten ao Cantábrico (7%).

Cos datos colleitados polo voluntariado, pódese afirmar que o estado de saúde dos treitos analizados en 2013 foi nun 52 % moi bo na campaña de primavera e nun 33% en estado bo; en outono o 39% estiveron en estado bo, e estado moi bo outro 40%.

Observáronse treitos con saúde moderada (9% en primavera; 19% en outono) e deficiente (6% en primavera; 5% en outono). Pódese concluir que a calidade da auga nos ríos estudados polo voluntariado en 2013 mellora lixeiramente con respecto a 2011 e 2012.

Contorna

En canto á calidade do bosque de ribeira, nos últimos anos establecíase unha tendencia cara a degradación das marxes dos nosos ríos, que en 2013 continúa. Así, as marxes moi degradadas en primavera supoñen un 15% do total e en outono un 25%. Concluímos que non existíu variación, en canto a número, dos treitos coas marxes ben corservadas.Nos treitos con alteracións importantes houbo un ascenso a costa das marxes moi degradadas, que descenderon.

A perda e o empobrecemento da vexetación de ribeira é un feito que se ven constatando ano tras ano. Se ben mellorou a calidade da auga, no bosque de ribeira segue a amosar un deterioro constante.

Hábitat

En canto á calidade do hábitat, os datos aportados polo voluntariado revelaron que, nos treitos estudados, o hábitat estaba ben constituído nun 56%, con alteracións nun 38% e empobrecido nun 6% na campaña de primavera. En outono, as porcentaxes se distribúen do seguinte xeito: ben constituído, 50%; con alteracións, 48%; empobrecido, 2%.

Os valores da calidade do hábitat en 2013 son moi parecidos aos obtidos en 2012. Aínda que os resultados amosan que a maioría dos treitos teñen o hábitat ben constituído, a presenza de hábitats con alteracións e empobrecidos revela que moitos dos ríos estudados atópanse nunha situación incerta en canto á súa evolución, xa que para revertir a situación de degradación sería preciso desenvolver accións concretas de recuperación.

Os ríos que discorren por por vilas e cidades, como o Limia, Mero, Aríns e Esteiro son os que amosan estados de saúde máis delicados pola forte presión humana á que están sometidos. Aqueles treitos próximos á desembocadura, onde a corrente de auga perde velocidade, adoitan acumular máis contaminantes.

Sociedade