Sabe a pouco 

Sabe a pouco 
16 de Marzo, 2026 - 02:22 h. | Publicada por Radio Fene

No campo dos Pinares empataron a uns o Perlío B e o Cebarca. Nun partido moi igualado. Un punto sabe a pouco, di o adestrador Gonzalo Beceiro que destaca o esforzo dos seus xogadores, aos que felicita por non deixa de esforzarse. 

 

ESCOITA O PODCAST:

“Cometemos un erro na primeira parte que nos custou un gol e despois de intentalo durante máis de 70 minutos soamente logramos o empate”, sinala o adestrador. Ao Perlío B quédalle unha recta final durísima, di Beceiro. “Dá gusto ver como traballan contra xogadores máis experimentados. Falta unha pizca de sorte que hai que seguir buscando”.

Deportes

Publica o teu comentario agora