Sabe a pouco

Sabe a pouco
14 de Abril, 2025 - 11:32 h. | Publicada por Radio Fene

Sábelle a pouco o empate ao Perlío B este domingo nos Pinares fronte ao Santa Cruz. Os locais adiantáronse en dúas ocasións, pero non lograron a vitoria nun encontro no que se produciron algúns erros na arbitraxe. Aproveitou a ocasión o Santa Cruz que logrou empatar no tempo de desconto. Perlio B 2-2 Santa Cruz. 

ESCOITA O PODCAST:

“Un puntiño que sabe a pouco” para un partido  da Terceira Futgal no que “saímos bastante enchufados”, destaca o adestrador Gonzalo Beceiro. “Na última xogada do partido” chegou o empate final. Erros na arbitraxe, que acabou expulsando dous xogadores do Perlío B por protestar, condicionaron o resultado, pero o adestrador sinala a importancia de aprender e sentenciar antes os partidos, para non depender de circunstancias alleas.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora