Saben a gloria

Saben a gloria
26 de Xaneiro, 2026 - 01:41 h. | Publicada por Radio Fene

Orgullo e ledicia. Valoración do adestrador do Perlío B, Gonzalo Bceiro, logo de facerse cos tres puntos que disputaron o domingo na Segunda Futgal, Galicia de Caranza 1 -2 Perlío B. 

ESCOITA O PODCAST:

“Para un equipo humilde como o noso, de rapaces novos, a vitoria causa moita ledicia, moito orgullo e unha gran satisfacción despois do esforzo realizado”, fronte a un equipo forte, opina Gonzalo Beceiro. Ademais  de sumar os tres puntos, o Perlío B recuperou este domingo a confianza e aspira a recuperar a dinámica positiva coa que acabara o ano 2025.

Deportes

Publica o teu comentario agora