ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Volve a Liga de fútbol feminino. Este domingo comeza a competición na Segunda División Galega na que milita o Cultural de Maniños que presenta adestradora e oito novas xogadoras. A presidenta do club, Puri Hermida; a nova adestradora, Noelia Leiras, e o delegado do equipo Pablo Iñiguez, comentaron como se presenta para o equipo a temporada 24-25.
Asume o reto de dirixir ao equipo do que formou parte como xogadora, Noelia Leiras substitúe a Juanjo Iñiguez, Cebolo, que deixou o posto ao finalizar a anterior temporada. O relevo foi doado, sinala a presidenta do club, Puri Hermida, “vén case dirixida polo polo propio Juanjo”.
“Ía deixar de xogar, é un cambio pero fano fácil”, apunta a nova técnica do Maniños feminino sobre o equipo que presentan nesta nova temporada. Unha formación composta na actualidade por vinte e unha xogadoras. “Xuntámonos moi bo grupo, xogamos adestrar a mediados de agosto e a pasada fin de semana xogamos un triangular, creo que van dar moita guerra”, anuncia Noe.
“Tócame seguir co legado, pasoume os apuntes, di que xa non os necesita”, di Pablo, o fillo de Cebolo.
Publica o teu comentario agora