Sabor agridoce

Sabor agridoce
22 de Maio, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Empatoulle ao líder. O Perlío feminino acabou a temporada na Terceira Galicia sumando un punto en campo contrario. Sporting Burgo 1-1 Perlío. Un bo resultado que a piques estivo de acabar en vitoria. Comentamos o sucedido na última xornada da Liga co técnico do Perlío, Rafa Afonso.

ESCOITA O PODCAST:

“Claro que é un bo resultado, na casa do campión, pero visto o partido deixou un sabor agridoce”, indica o adestrador do Perlío. Os dous goles marcados na segunda metade. O Perlío adiantouse cun gol de Adriana Beceiro pouco despois de saltar ao campo en substitución de Iria Tenreiro. O técnico do Perlío deulle a noraboa ao campión do grupo e felicitouse pola marcha do seu equipo “está moi ben de actitude”.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora