ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Reanúdase esta tarde o Concurso de Tapas ¡Ven a Fene! As parroquias de Maniños e Magalofes teñen os bares máis lonxanos da Fenerruta porque a maioría están nas parroquias urbanas. Segundo nos conta Alejandro, do ambigú da AVV de Magalofes, a xente que cubre a Fenerruta empeza por eles, por iso xa recibiron numerosos clientes nas primeiras citas.
Durante toda a fín de semana Fene recupera o Concurso de Tapas Ven a Fene!. Terceira fín de semana para degustar os petiscos que ofrecen gratuitamente 23 locais de hostelería de Fene. Dende as 20h desta tarde ponse en marcha ata o domingo ao mediodía, para seguir cuñando a Fenerruta. Un deses establecementos é o ambigú da AVV de Magalofes. Un dos seus responsables, Alejandro, descríbíunos a tapa coa que participan na modalidade creativa do concurso: “Sabor de melón”.