Sabor galego no Festival Sarabanduxa de Boiro

Sabor galego no Festival Sarabanduxa de Boiro

03 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Os ritmos de Equilibrioh, Malkeda e fracasados de antemano abren o festival Sarabanduxa 2009 nesta xornada ás dez da noite. Mañá domingo, os encargados de pór o broche de ouro ao festival boirense serán Moita Leria, Sinefres e Som do Galpom. A entrada para ver aos grupos en acción é gratuíta.

Boiro celebra esta fin de semana o festival de música e asociacións xuvenís “Sarabanduxa 2009” . Este ano apóstase por grupos galegos. Os concertos comezan os dous días ás dez de noite na Estación Leñaverde, a sala pública de concerto do concello, sita na Rúa Poeta Manuel María. A entrada é de balde.

Sarabanduxa 2009, chega este ano con máis sabor a Galiza que nunca.

Sociedade