ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Cita gastronómica en Fene neste mes de abril. O XVI Concurso de Tapas de Fene celébrase nas dúas fins de semana comprendidas entre o 10 e o 19 de abril. Detalles da iniciativa, que ten unha subvención da Deputación da Coruña, na conversa que mantivemos coa concelleira de Promoción Económica, Angeles Coira.

Sabor, creatividade, presentación e produto. Son algúns dos aspectos que valorará o xurado profesional que axuizará as tapas que compiten no certame. Tamén haberá votación popular. Son sete as tapas que van rivalizar nesta edición do Concurso de Tapas de Fene. Arrecendo servirá unha Explosión de Carrillada, A Cantina da AVV de Limodre presenta Taco do Mar, Amarizaflor compite con Amarizaflor, Cafetería Bombay, con Tosta de Carne e Pasas, Lembranza sedúcenos con Caprese do Corral, O Son da Cociña ofrece O Faro do Son (non dispoñible o día 12) e Pachamama elabora o Cojonudo Pachamama. Para degustalas so haberá que aboar 2,5 euros. O horario no que se servirán as tapas participantes no certame será o seguinte: os venres, de 20.00 a 22.00 horas; os sábados, de 13.00 a 15.00 e de 20.00 a 22.00 horas; e os domingos, de 13.00 a 15.00 horas.
Publica o teu comentario agora