Sabores e labores

Sabores e labores
25 de Abril, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Premios ás mellores tapas e mostra de encaixes. Dúas relevantes citas que se producen estes días en Fene. Informou deles en Radio Fene a concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira.





 

ESCOITA O PODCAST:

Oito tapas cociñadas con amor noutros tantos establecementos de hostalaría loitaron no 15º Concurso de Tapas de Fene para gañar o favor do público e do xurado profesional. O desenlace do certame coñecerase este venres, día  25. A entrega de premios e o sorteo de agasallos entre os numerosos clientes que degustaron as tapas terá lugar ás 11 horas na Casa do Concello. 

Palilleiras

A concelleira de Promoción Económica tamén animou á veciñanza a achegarse o sábado polo pavillón da Xunqueira onde terá lugar outra cita tradicional en Fene. A Xuntanza de Palilleiras e doutras labores tradicionais que reunirá a palilleiras chegadas de dentro e fóra de Galicia. Durante todo o día, cun alto para xantar, poderanse admirar os traballos das 363 palilleiras e 36 mestras presentes no encontro e montaranse 25 postos, anunciou Ángeles Coira. Airiños de Fene ocuparase da animación, ás 12:30 horas, e para as 18 horas hai previsto un sorteo de agasallos.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora