ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Por se fora pouco co mal estado do transporte público, neste caso do servizo ferroviario, aínda hai quen se esforza en empeoralo. Unha persoa está acusada de sabotaxe á vía férrea en Ortigueira por poñer en varias ocasións obstáculos como bloques de formigón ou troncos na vía do tren co conseguinte perigo para a seguridade no tráfico ferroviario.

A dispor xudicial unha persoa acusada dun delito continuado de sabotaxe na vía do tren en Ortigueira. A Garda Civil dá por esclarecidos sete episodios cometidos entre xuño e agosto na parroquia de Senra, en Ortigueira, onde apareceron na vía en varias ocasións obstáculos de gran tamaño como bloques de formigón ou troncos e nunha ocasión, no mes de xuño, chegou a tallar un piñeiro de grandes dimensións para provocar a caída da árbore sobre a vía. Os feitos que se lle imputan supuxeron un grave risco para a seguridade do tráfico ferroviario e a integridade das persoas viaxeiras, obrigando en repetidas ocasións á interrupción temporal do servizo, á mobilización de persoal técnico para o despexe da vía e á conseguinte alteración dos horarios habituais. As dilixencias instruídas pola Garda Civil foron postas ao dispor do Tribunal de Instancia de Ortigueira.
Publica o teu comentario agora