ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“O que ofrece o Partido Popular, como xa fixo os seis anos que estivo na alcaldía, é sacar o traballo que está pendente”, destacou en Radio Fene Gumersindo Galego, o cabeza de lista do PP para as eleccións municipais do 28 de maio. Cun acto simbólico de pegada de carteis nos paneis instalados polo Concello nas parroquias arrancará a súa campaña electoral o Partido Popular.
“Creo que fixen unha lista atractiva para os veciños de Fene, de persoas con acreditada solvencia no seu traballo”, sinala Gumersindo Galego. “Fene entre todos e todas”, é o lema da súa campaña. Galego propón “se nos toca gobernar, saír buscar as fabas fóra porque sabemos que sen a contribución doutras administracións, como a Deputación e a Xunta, Fene pouca capacidade de inversión ten”. Do programa electoral enumera “acabar alcantarillado dunha vez por todas”, “dotar de auga potable a parroquias como Magalofes”,“fundamental o Plan de Urbanismo” “outro tema importantísimo os terreos para o novo centro de saúde” e camiños aglomerados, “a xente quere camiños aglomerados”, apunta.
Publica o teu comentario agora